EconomíaEconomíaÚltima hora

Non é necesario ter cotizado un tempo mínimo para acollerse ás axudas para autónomos

Así o sinala o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, nunha carta remitida ás organizacións galegas de persoas por conta propia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os autónomos galegos poden optar a unha axuda mínima por valor de 950 euros. Así llo comunicaba o delegado do Goberno en Galicia ás organizacións de persoas por conta propia nunha carta que lles remitía neste 1 de abril. En Galicia son máis de 200.000 os autónomos existentes.

O Real Decreto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, aprobado en Consejo de Ministros el pasado 17 de marzo, recolle unha “prestación extraordinaria por cese de actividade para os afectados por declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19”.

Dende o pasado 15 de marzo e durante alomenos un mes, “os autónomos poden acollerse a esta liña de axudas. Esta exonéraos de aboar a cota mensual e, ademais, serve para aboar o 70% da súa base reguladora, cun mínimo de 661 euros, o que unido á exención da cota tradúcese nun beneficio mínimo valorado en 950
euros”, segundo Losada.

A esta liña de axudas poden acollerse tamén aquelas persoas que non teñan cotizado o período mínimo para ter dereito á prestación. Neste caso percibirán o 70% de la base mínima. A condición indispensable para todos os casos é estar ao corriente de pagos, aínda que se habilita un prazo de 30 días naturais para regularizar esta situación, o que dará dereito á prestación completa.

O periodo de percepción desta medida de protección social, que será como mínimo dun mes ou ata o último día do mes en que finalice o estado de alarma, computará como período cotizado. Sen embargo, non se descontarán os días a efectos de futuras prestacións.

Poden acollerse a estas axudas aquelas persoas cuxa actividade quede suspendida coa declaración do estado de alarma ou os que sufran unha diminución de ingresos no mes que se solicita a prestación, dun 75% con respecto ao promedio mensual correspondente ao semestre anterior.

 

Artigos relacionados

Back to top button