EconomíaEconomíaÚltima hora

Nova campaña de dinamización da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel

Desenvolverase do 22 ao 27 de marzo e nela regalaranse aos clientes vales de 1 euro para gastar en 11 establecementos de hostalaría asociados

 

A Asociación Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas de Courel (Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel) vén de lanzar unha nova iniciativa de dinamización comercial, na que participarán 22 establecementos asociados. A campaña consistirá en regalar aos clientes vales dun euro por compras superiores a 20 euros do 22 ao 27 de marzo.

“Este vales poderanse gastar nos once hosteleiros asociados. A data limite para gastar os vales é o 15 de abril”, indican dende esta asociación.

Con esta iniciativa “buscamos apoiar aos nosos compañeiros hoteleiros, que están a pasar por unha situación difícil e á súa vez, incentivar o comercio de proximidade”, explican dende a entidade.

Artigos relacionados

Back to top button