EconomíaEconomíaÚltima hora

Novos pasos para a conservación e mellora dos soutos de Parada de Sil

 

A Asociación de Propietarios de Soutos de Parada de Sil celebraba na pasada fin de semana unha asemblea na que se daba un paso “moi importante na conservación e mellora dos soutos  do municipio”. Ao encontro, celebrado o domingo 5 de novembro, no Restaurante O Curtiñeiro de Parada de Sil asitían 35 persoas que levaban representación de outras tanta.

Paco Magide vicepresidente desta entidade agradecía explicitamente durante a xuntanza a adicación da presidenta Mónica Bizarro e de Pablo Magide que, durante moitas horas, e mesmo no seu tempo de vacacións xunto coa empresa, lograron a conformidade dos veciños, que debido a pouca extensión das parcelas, para reunir as hectáreas necesarias non foi tarefa fácil.

Despois de tres meses de duro traballo baixo a coordinación da empresa Calixto Escariz, por fin saíu adiante a recollida das sinaturas de máis do 70% dos propietarios en cinco zonas do concello, Sougueiros, Castro, Purdeus-O Valado, Entrambosríos e Fondodevila chegando a reunirse o consentimento sobre un total de 106 hectáreas, “que pensamos que se poden ir aumentando coa colaboración da veciñanza que coñece perfectamente os colindantes”, sinala Paco Magide.

 

 

Na dita reunión aprobáronse as contas da asociación e actualizouse a lista de asociados pasando logo a representante da empresa, Belén Romero, a explicar pormenorizadamente os estatutos nos que, entre outras cousas, se recollen as finalidades da asociación que pretende a mobilización dos soutos para a xestión conxunta de desbroces, vacinas contra o cancro, podas lixeiras e mellora de accesos.

“Só se somos capaces de facer estas cousas de maneira conxunta manteremos as masas de castiñeiros consolidades e a biodiversidade existente na Ribeira Sacra, segundo día Mónica Bizarro.

De xeito inmediato inscribiranse os estatutos no rexistro correspondente tanto de Masas de Frondosas Consolidades onde xa estaba a antiga asociación como nas agrupacións Forestais de Xestión Conxunta, o que permitirá entre outras moitas cousas pedir subvencións a administración, indican dende a asociación.

Artigos relacionados

Back to top button