DeportesÚltima hora

O Adas Cupa do Barco, no Campionato de Galicia de Clubs ao aire libre

O equipo feminino valdeorrés loitará polo podio o vindeiro sábado en Santiago

 

Esta fin de semana o Estadio Universitario de Santiago, recobrará novamente toda a súa capacidade para acoller unha das competicións máis importantes e dinámicas do calendario de probas atléticas, o Campionato Xunta de Galicia de Clubs ao Aire Libre.

A esta cita do sábado (a partir das 10.30 horas) acoden os catro primeiros equipos clasificados do ano pasado, sendo a participación dos outros catro determinada por estadillo de marcas. Á cabeza destes equipos parte a Gimnástica de Pontevedra, que aspira a reeditar o triunfo logrado en ambas categorías na pasada edición.

 

 

Acompañarán aos pontevedreses as formacións do Celta Atletismo, Atletismo Santiago, Atletismo Narón, Lucus Caixa Rural, Atletismo Sada, Ourense Atletismo e Marineda Atlético. Na categoría feminina serán os clubs de Ría Ferrol, Atletismo Femenino Celta, Atletismo Santiago, Atletismo Sada, Lucus Caixa Rural, Ourense Atletismo e ADAS CUPA do Barco os que disputen ás gimnásticas o título.

Este campionato chega tras o debú dos equipos galegos que tomaron parte na primeira xornada de Liga, tanto en División de Honra como en Primeira División, polo que servirá, “ademais de para decidir ao campión galego, como importante test de cara aos dous importantes e vitais encontros que restan de campionato”, destacan dende a Federación Galega de Atletismo.

Artigos relacionados

Back to top button