
O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, visitou esta mañá as instalacións da Consellería de Medio Rural. O obxectivo era manter unha reunión coa titular do departamento para plantexarlle a situación dos cultivos no concello e, en xeral, na comarca da Limia. Segundo avanzaron, tamén se falou do arranxo de pistas no municipio.



