EconomíaEconomíaÚltima hora

O sector estatal do castiñeiro, que prevé unha campaña “pésima”, pide unha reunión cos Ministerios de Agricultura e Transición Ecolóxica

Así o vén de anunciar a Rede Estatal do Castiñeiro, que integra a entidades de diferentes rexións produtoras de España

 

Co preocupación afronta o sector do castiñeiro a nova campaña, que agora pide, a través da Rede Estatal do Castiñeiro, unha xuntanza co Ministerio de Agricultura e de Transición Ecolóxica para “avaliar posibles continxencias”. Durante este verán 2023, e a pesar das condicións que prevían unha posible recuperación da produción, “observouse o incremento da presenza nas masas de castiñeiro dun cóctel de patóxenos, entre os que se atopa a Gnomoniopsis smithogilvyi que se transmite ao froito e por conseguinte produce unha perda na produción de castaña ao castañicultor, diminuíndo a cantidade de produto comercializado”, tal e como informa a Rede Estatal do Castaño, cuxas organizacións acordaban, na súa asemblea anual de marzo, continuar realizando unha monitorización continua do estado do castiñeiro produtor de froito en todas as rexións produtoras de castaña en España.

“Esta afección”, prosegue á rede, “unida á prolongada seca dalgunhas áreas, a aínda falta de control total da propia avespiña, atisba unha nova campaña pésima para o sector, coa consecuente perda de ingresos para as decenas de miles de castañicultores, que leva sufrindo perdas superiores ao 60% varios anos tras a irrupción da avespiña nas áreas produtoras fai xa hai 8 anos”.

Deste xeito foi medrando a preocupación no sector tras os primeiros datos de produción nas áreas máis temperás, “o que fixo activar a preocupación das organizacións sectoriais e solicitar este encontro aos ministerios de Agricultura e de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, con obxecto de dispoñer accións que permitan minimizar o impacto das perdas nas explotacións dos nosos produtores e na industria asociada. Ademais, cada organización rexional realizará o propio coas administracións autonómicas competentes en materia de produción e comercialización agrícola e forestal”.

Os castañicultores, valedores da conservación do castiñeiro

Dende esta rede estatal do séctor, lémbrase que “o souto é un dos hábitats que está declarado de interese comunitario dentro do directiva hábitat da Unión Europea, e a perda que supón a propagación de pragas e enfermidades pode dicirse que é unha das catástrofes ambientais e económicas ligadas ao medio natural máis importante dos últimos tempos. Desde a Rede Estatal fíxose especial fincapé en que a avespiña e as enfermidades asociadas ao hábitat supón unha afección importante, non só para o castiñeiro senón para o resto de especies presentes no sistema ecolóxico, causando desprazamentos e desequilibrios para o resto de especies presentes, así como podería chegar a causar a perda e desaparición do castiñeiro no ámbito biogeográfico mediterráneo, onde o castiñeiro está xa afectado por outras enfermidades e pragas moi graves, como a avispilla, o chancro e a tinta”.

O castiñeiro, que actualmente ocupa unha superficie superior ás 300.000 ha en España, “é unha das especies cuxo aproveitamento máis recursos xera nas áreas onde está presente, sendo a súa xestión e aproveitamento a mellor e única garantía para a súa conservación. A prolongación destas afeccións pode provocar o abandono na xestión do castiñeiro nas estacións menos favorables para o mesmo e motiva, por tanto, a súa desaparición”.

Ademais, a recollida e comercialización da castaña, é unha das actividades que máis beneficio reporta para os habitantes das zonas produtoras, grazas á venda do produto en fresco e á importante industria transformadora dependente do mesmo, e que tanto emprego xera.

“Por tanto, a perda de produción de castaña pode representar a nivel nacional unhas perdas engadidas á economía do medio rural superior aos 600 millóns de euros, coa consecuente perda de postos de traballo e de xeración de rendas no medio rural do noso país, algo imperdoable no estado actual da nosa economía e do despoboamento das áreas rurai”, conclúen.

Artigos relacionados

Back to top button