ConcellosQuirogaÚltima horaVilamartín

O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, asume a presidencia da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, é o novo vicepresidente

O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na mañá deste venres 30 de xuño, o Salón de Plenos do Concello de Monforte de Lemos acollía a celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, na que era nomeada a nova xunta directiva, cos alcaldes de Vilamartín de Valdeorras e Quiroga, Enrique Álvarez e José Luis Rivera, como presidente e vicepresidente respectivamente.

Segundo a orde do día o acto comezaba coa aprobación cao maioría dos votos, da acta da asemblea anterior celebrada o 11 de xaneiro de 2023. A continuación dábase conta do estado das contas da asociación e detallábanse as principais actividades desenvoltas pola mesma durante o presente ano.

 

José Luis Rivera, alcalde de Quiroga.

 

A asemblea servía tamén para levar a cabo o nomeamento e renovación dos cargos da xunta directiva por finalización de mandato da xunta anterior, quedando a composición da nova establecida do seguinte xeito

• Presidencia: Alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez.
• Vicepresidencia: Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera.
• Secretaría: Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco.
• Tesourería: representante da comarca do Deza.
• Vocalía: Alcalde de Vedra, Carlos Martínez.
• Vocalía: Concelleiro de Ponferrada, David Pacios.

A nova xunta directiva comprometeuse a “seguir traballando na promoción, mellora e difusión do Camiño de Inverno”, iniciando así unha folla de ruta de cara ó próximo Ano Santo Xacobeo, que terá lugar no ano 2027.

 

Asistentes á asemblea en Monforte de Lemos./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button