ConcellosO BarcoÚltima hora

O atleta Alejo Ares inaugura o seu Centro de Adestramento Persoal no Barco

Está situado na rúa Pontevedra 1 e vai dirixido a deportistas, pero tamén a todo tipo de persoas

 

O atleta valdeorrés Alejo Ares presentaba estaba tarde no Barco o seu novo e ilusionante proxecto e no que plasma a sua paixón polo deporte. Inauguraba o seu “Centro de Entrenamiento Persoal” na rúa Pontevedra, baixo, número 1 da vila do Barco, un novo servizo dirixido a deportistas, pero tamén á veciñanza en xeral.

“Este é un centro de adestramento persoal para todo tipo de persoas, pero, principalmente para deportistas de alto rendemento que queiran conseguir os seus obxectivos en pretempada, durante a tempada ou para xente que queira perder peso ou facer unha readaptación dunha lesión, tanto de xeonllo como de cadeira e de ombros”, explica Ares.

 

 

Para poder desenvolver este traballo físico, na instalacións do centro dispón de innovadoras máquinas profesionais “para a adaptación de lesións, para a ganancia de forza e hipertrofia, para o cardio e, o último, tanto cintas como elíptica, ademais dun rack profesional de crossFit para xente á que lle gusten as acrobacias e o traballo de forza”, explica o responsable deste novo centro.

Alejo Ares tamén matiza que non se trata dun ximnasio e iso tamén ten o seu reflexo nos prezos. “A persoa vaime dicir o que queres conseguir, e eu teño que poñerme continuamente, correxíndoa posturalmente, ver se pode ou non pode, a súa mobilidade, a súa flexibilidade, entre outras cuestións… Entón eu vou estar con esa persoa para que aprenda e ensinarlle dende cero a conseguir os seus obxectivos, cousa que nun ximnasio non é así. Ti vas, pagas a túa cota, pero ninguén che ensina como usar as máquinas”.

 

 

As persoas interesadas nos servizos deste centro de adestramento persoal poden visitar o local o contactar con Alejo Ares, que lles fará “unha valoración inicial e se lle gusta a proposta, xa empezaríamos a programar e axustar xa os entrenos”.

Nun principio o horario deste centro será de mañá (de 9h. a 13h.) e tarde (17h. 22h.). “É unha xornada intensa, pero é o que me gusta. Espero poder desfrutar moito deste traballo e que veña moita xente”, conclúe.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button