DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Bar Dickens FS proclámase campión do Torneo de Nadal de Quiroga

O equipo QFS Evolution foi o subcampión e o Estrelas Coxas o terceiro clasificado

Ademais de música e actividades infantís, o programa navideño do concello de Quiroga inclúe un apartado deportivo no que destaca a V Marcha San Sivestre que se celebrará o 31 de decembro e o Torneo de Nadal de Fútbol Sala disputado no pavillón municipal entre o 26 e o 29 de decembro.

E precisamente na tarde de hoxe tiña lugar a gran final na que o Bar Dickens FS vencía 5-4 ao QFS Evolution a falta de 15 segundos, alzándose co trofeo de campión.

Tal como explican dende Quiroga, nunha final “emocionante”, o QFS Evolution logrou remontar a vantaxe inicial do Bar Dickens e “poñer en pé a ateigada bancada do pavillón quirogués”. Co 4-4 no marcador a falta dun minuto, “todo o mundo pensaba que a gran final remataría a penaltis”, din, pero finalmente no último instante marcaba o Bar Dickens FS logrando o seu primeiro torneo ante un “dos equipos clásicos dos torneos quirogueses”. O terceiro clasificado foi o equipo Estrelas Coxas, que despois de varios intentos facía o seu mellor torneo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button