ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco despide a Isabel Álvarez, viúva de Julio Gurriarán Canalejas

 

Neste martes 2 de xaneiro falecía aos 99 anos de idade Isabel Álvarez Díaz. Natural da vila do Barco, casou con Julio Gurriarán Canalejas, quen, entre outros cargos políticos, foi alcalde do Barco en varios mandatos. O matrimonio tivo 8 fillos: Julio, Isabel, Carmen, Ana, Chus, Luis, Fernando e Marga. Isabel Álvarez, cofrade de Xesús Nazareno, era unha persoa moi familiar e entrañable, que sempre residiu no Barco, onde era moi querida.

A súa capela ardente está instalada no Tanatorio de Santa Rita, na sala 1. Familia, amigos e veciños daranlle o seu último adeus no funeral, que está previsto para mañá mércores 3 de xaneiro ás catro da tarde na igrexa barquense de San Mauro. A continuación será enterrada no cemiterio da súa vila natal.

Artigos relacionados

Back to top button