
Seguen medrando os positivos de coronavirus no Barco. Este concello rexistra neste 27 de xaneiro un total 36 casos activos de Covid, 3 máis que onte, segundo os últimos datos comunicados hoxe polo Sergas ao Concello.
En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes suben a 35, 5 máis que os que figuraban onte. A incidencia acumulada para o concello tamén aumenta e sitúase hoxe en >250, segundo a Consellería de Sanidade.