DeportesPiraguismoÚltima hora

O barquense Adrián Prada debuta en K1 sénior no galego de inverno cun oitavo posto

 

Nas augas do encoro de Castrelo de Miño vén de disputar a súa primeira proba en categoría K1 sénior o barquense Adrián Prada Pérez: o Campionato Galego de Inverno de 5.000 metros. Este padexeiro, que unha tempada máis viste a camiseta do Club Piragüismo Verducido-Pontillón, tomaba a saída onte nesta competición.

Logo de ir gran parte da regata no grupo de cabeza, finalizaba nunha oitava posición, cun tempo de 0:19:45.32. Na cita, na que se impoñía Iván Alonso (Club Piragüismo Olívico), tamén participaba o asturiano Miguel Fernández (Club Fluvial Barco), que era sexto.

Fotos: loispradaf.

Artigos relacionados

Back to top button