
Despois de colgarse a prata en K-1 veterano (40-44), o padexeiro Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco) volvía competir o 15 de outubro no Campionato do Mundo de Maratón máster que se está a disputar en Shaoxing (China). Desta vez facíao en barcos de equipo.
Nesta proba o barquense conquista a medalla de ouro nun K-2 máster compartido con Santiago Cruz (Náutico Firrete de Pontedeume). O seu barco situábase por diante do dos arxentinos Julián Algañaras e Sebastián Reyes, que entraban segundos, e do dos sudafricanos Zodi Loviday e Alex Rober, que quedaban terceiros.