PolíticaÚltima hora

O BNG organiza a charla online “Enerxía eólica ao servizo do País”

Publicidade

 

O BNG realizará o vindeiro 22 de abril ás 20h. unha emisión en directo, a través das redes sociais e da canle youtube, na que explicará a temática “Enerxía eólica ao servizo do País. Un modelo galego, xusto, sostíbel e participativo”.

Neste acto contarase coa presenza de Manuel Requeijo, alcalde do BNG no concello de Muras e pionerio en articular unha resposta ao espolio eólico; e con Bernardo Varela López, voceiro do BNG na Deputación de Ourense, onde vén de demandar a paralización da expansión descontrolada de megaparques eólicos e presentar a alternativa do BNG.

Tras a súa exposición abrirase unha quenda de debate, onde responderán as preguntas en directo.

ℹ tv: https://i.gal/TJYkn
➡ FB: https://i.gal/KuP1G
🐥 TW: https://i.gal/gbGzt

Artigos relacionados

Back to top button