SanidadeÚltima hora

O CHUO aplica as TIC á dispensación de fármacos

Vén de instalar seu primeiro sistema automatizado de dispensación no servizo de Reanimación
Imaxe deste novo sistema posto en marcha no CHUO.
Imaxe deste novo sistema posto en marcha no CHUO.

O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) vén da dar o primeiro paso cara a plena robotización da loxística do medicamento. Acaba de instalar e de poñer en marcha a súa primeira Estación de Dispensación Automatizada de Medicación, no servizo de Reanimación.

Este equipo, segundo indican dende o Sergas, “permite combinar as necesidades diarias de fármacos no servizo, coas prescricións electrónicas dos facultativos, de xeito que o persoal de enfermería pode prescindir do papel para a retirada de fármacos, con plena seguridade tanto na identificación dos pacientes como nas doses, facilitando a reposición do stock, grazas a que o propio equipo informático facilita información continuada ao servizo de Farmacia”.

O  sistema de dispensación automatizada “é como un caixeiro automático de medicación, e conta cos maiores niveles de seguridade. A enfermeira identifícase no sistema mediante a lectura da súa huella dixital, selecciona o paciente, e súa medicación se expende de xeito inmediato, no número de envases ou doses prescritas, que automaticamente quedan rexistradas no sistema facilitando súa reposición por parte do servizo de Farmacia”, tal e como se informa dende o Sergas.

Con ese primeiro paso o CHUO avanza cara a un ambicioso proxecto de aplicación das novas tecnoloxías á loxística do medicamento hospitalario, incluído no Plan de Innovación H2050 que, grazas a unha inversión final de ao redor de 2 millóns de euros, o converterán no primeiro hospital europeo en lograr, de xeito totalmente informatizado e automatizado, a trazabilidade dos fármacos, desde súa entrada no hospital ata súa aplicación ao paciente.

Artigos relacionados

Back to top button