CulturaCulturaÚltima hora

O Circo Chosco recalará o sábado en Parada de Sil con “Forzu2”

 

O vindeiro sábado 31 de xullo ás 18h. o Circo Chosco chegará a Parada de Sil. Instalarase na praza do Curtiñeiro na que, a partir das 18h., ofrecerá o seu espectáculo “Forzu2”, que mestura circo e humor.

“No Circo Chosco version Forzu2 o humor e o absurdo son o fío condutor deste divertido espectáculo. Dous atletas, dous cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles. Unha demostración de excesiva forza que traerá as súas consecuencias…”, din dende Circo Chosco.

Nesta función entrelázanse risco, desastre e a absurdo nunha proposta visual e de humor “onde os portés, o lume e o slapstick aparecen dunha forma disparatada”.

O aforo á actuación será limitado e nela aplicarase o protocolo fronte ao Covid-19.

Artigos relacionados

Back to top button