ConcellosÚltima hora

O Club de M. Montañas de Trevinca solicita axuda para alegar en contra do parque eólico Prada

 

O Club de Montañismo Montañas de Trevinca vén de emitir unha nota de prensa para solicitar “axuda e colaboración para alegar en contra do parque eólico Prada (Serra do Eixe nas Montañas de Trevinca) e evitar deste xeito a destrución do símbolo de todas as montañas galegas e tamén Cima de Galicia”.

No seu comunicado este club asegura que, “ao igual que na anterior fase de alegacións en contra do Documentos Inicial para a instalación do Parque Eólico Prada (Serra do Eixe nas Montañas de Trevinca)”, esta entidade deportiva”xa enviou as alegacións correspondentes a Evaluación de Impacto Ambiental do mesmo parque eólico”.

Este club tamén amosa a súa confianza en que “as administracións galegas, como a Deputación de Ourense e a propia Xunta de Galicia que en anteriores declaracións se manifestaron en contra deste proxecto de destrución das Montañas de Trevinca e símbolo de todas as Montañas Galegas, tamén nesta ocasión sigan opóndose a este proxecto en contra do propio territorio de montaña e a súa biodiversidade”.

Así mesmo, o Club de Montañismo Montañas de Trevinca solicita “a axuda a todas aquelas persoas que aprecien, respecten e defendan as nosas montañas galegas. Na páxina web do club de Montañismo Montañas de Trevinca www.montanasdetrevinca.es poden atopar o modelo de alegacións e a forma de presentalas no organismo correspondente. O prazo para presentar ditas alegacións remata o vindeiro 16 deste mes de agosto. Agradecemos de antemán toda a axuda posible para salvar da destrución a nosa Natureza de Montaña”.

Artigos relacionados

Back to top button