DeportesNataciónÚltima hora

O Club Natación Escualos fai o ‘stage de pretempada’ na Estación de Montaña Manzaneda

Equipo do CN Escualos en Manzaneda.

 

Tras un ano “incrible” que concluía coa participación no Campionato de España e coa mente posta na primeira xornada da Liga Galega, o CN Escualos comeza esta semana un novo curso “aspirando a todo e co obxectivo de estar, coma o ano pasado, no máis alto da clasificación”.

Unha tempada que comeza con moita actividade. Esta fin de semana unha vintena de nadadores desprazábanse ata a Estación de Montaña Manzaneda para realizar un ‘stage de pretempada’. Ademais dos adestramentos de natación “que foron moi continuos”, tal como explican dende o club, tamén aproveitaba o tempo para realizar as pertinentes correccións técnicas, visionado de vídeos e a realización doutras actividades como tiro con arco, telecadeira, circuíto termal,…

 

Os Escualos na piscina da Estación de Montaña Manzaneda.

 

Foron “uns días importantes para facer equipo e coller enerxías para unha tempada longa e intensa”, puntualizan dende os Escualos, conscientes de que será complicado igualar a tempada pasada, “a mellor da nosa historia, sendo subcampións da Liga Galega e tamén no Campionato Galego.

O pasado xoves celebraban a asemblea anual onde os socios e nadadores achegaban as súas ideas para “facer máis forte ao club e seguir crecendo como non pode ser doutra forma”, e este xoves día 14 de setembro ás 19:30 horas será a presentación do equipo competitivo en Be One As Lagoas, en Ourense.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button