Antes de que rematase a manifestación, o Clúster da Pizarra de Valicia emitía un comunicado valoran a “ampla mobilización desta tarde no Barco de Valdeorras e agradece aos principais axentes, políticos, sociais e económicos da comarca, e de toda a provincia, a súa implicación para tentar manter o emprego ligado ao sector”.
Desde o organismo que aglutina a máis de 40 empresas de lousa de toda a comunidade autónoma consideran que “a manifestación foi un éxito polo seu elevado grao de participación, con miles de persoas mobilizándose chegadas desde diferentes municipios de Valdeorras e tamén procedentes doutras comarcas limítrofes”. Así pois, poñen en valor “o importante peso que para a economía da comarca teñen as empresas do sector tanto polo seu papel xerador de emprego, contribuíndo a fixar poboación na comarca, como vertebrador do territorio”.
Por este motivo, o organismo “congratúlase da ampla resposta social e de que miles de persoas saísen á rúa para secundar unha manifestación apoiando a dúas das súas empresas asociadas, cun percorrido a pé no que os manifestantes urxían a buscar unha solución rápida que evite o peche de Irosa e Samaca, tras a orde de desafiuzamento executada este martes, e a consecuente perda de emprego na zona”, conclúen dende o Clúster.
Vídeo: O SIL.