OurenseÚltima hora

O CN Escualos lanza unha campaña solidaria para axudar aos sanitarios a protexerse ante o Covid-19

Trátase de recoller fondos para mercar gafas protectoras

 

Tamén dende o CN ESCUALOS queren aportar o seu gran de arena na loita contra o Covid-19 “axudando ao noso persoal sanitario a estar más protexido na súa guerra diaria contra o virus”, din.

E farano lanzando a campaña solidaria “Protéxeos, protéxenos” coa que abrirán unha canle para recoller fondos cos que mercar gafas de protección para o persoal sanitario ourensán. “Non é a típica gafa de protección, pero dende o servizo de Medicina Preventiva do hospital confirmáronnos que son adecuadas para previr o contaxio”, indican dende o club de natación ourensán, explicando que “con só 11 euros estaremos axudando a que se protexan, e toda a axuda é necesaria nestes momentos”.

 

Cartel da campaña.

Artigos relacionados

Back to top button