DeportesNataciónÚltima hora

O CN Escualos proclámase subcampión galego máster de natación

 

Cun total de 85 medallas (24 de ouro, 29 de prata e 32 de bronce) e dous récords galegos na proba de 200 braza, completaba o Club Natación Escualos Campus da Auga a súa participación no Campionato
Galego de Natación Máster de Verán celebrado este fin de semana na Piscina Álvaro Pino en Ponteareas, proclamándose subcampión galego.

“Seguimos facendo historia na natación máster galega”, din dende Escualos que lograban o subcampionato (eran segundos tanto o equipo masculino coma o feminino) con 32 nadadores e un total de de 277 puntos, superando ao CN Rías Baixas que finalizou terceiro con 873 puntos e por detrás do CN Ponteareas que conseguiu 1.978 puntos e un número de nadadores moi superior ao club ourensán.

Foi un campionato de moito nivel no que participaron 31 clubs, sendo os Escualos os únicos ourensáns que destacan a organización do evento por parte do CN Ponteareas, agradecendo aos árbitros e xuíces da FEGAN “por todo o traballo empregado durante a tempada para poder organizar campionatos”.

 

Artigos relacionados

Back to top button