DeportesNataciónÚltima hora

O CN Escualos, terceiro no Campionato Galego de Natación Máster de Inverno

CN Escualos Campus Auga coas medallas.

 

O Club Natación Escualos Campus Auga segue facendo historia na natación máster galega. Desta volta escribía un novo capítulo ao lograr o 3º posto no Campionato Galego de Natación Máster de Inverno celebrado esta fin de semana na Piscina Álvaro Pino en Ponteareas.

Con 30 nadadores, os ourensáns subían ao terceiro chanzo do podio cun total de 1.164 puntos, por detrás do CN Rías Baixas, segundo con 1.327 puntos e do CN Ponteareas, o campión con 1.906 puntos.

Moi contentos, dende o club destacan o feito de que neste campionato subían ao podio os dous equipos, masculino e feminino cun 2º e 3º posto “o que nos levou a conseguir o terceiro posto na puesto en la clasificación xeral cun número de nadadores moi inferior ao primeiro e segundo clasificado”, puntualizan.

Con respecto ás medallas os nadadores do CN Escualos lograban case un centenar de metais e  varios récords galegos destacando o logrado en relevo estilos na categoría de +200, “o primeiro récord de relevos na historia do club, nun campionato con moito nivel no que participaron 30 clubs, dos cales só dous son ourensáns”, conclúen dende os Escualos.

Artigos relacionados

Back to top button