En portadaÚltima hora

O comercio volverá ao seu horario habitual a partir do mércores 17 de febreiro

Sen embargo, mantéñense os peches perimetrais e segue pechada a hostalaría, así o anunciaba o presidente da Xunta, tras a reunión do Comité Clínico celebrada esta mañá

 

Galicia está nunha situación de descenso da incidencia de Covid na que as medidas sanitarias vixentes están sendo útiles, pero hai que “manter a prudencia”, de aí que Galicia continúe coas máximas restricións e con peches perimetrais. Así o asegura o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que vén de anunciar esta mañá, tras a reunión do Comité Clínico de expertos que segue a pandemia do Covid, unha flexibilización de certas medidas en ámbitos como do comercio.

Así a partir do mércores 17 de febreiro o comercio volverá ao seu horario habitual, pero cun aforo aforo máximo dun 50%, pero “de momento, mantense o peche dos centros comerciais nas fins de semana”. Esta medida será publicada, entre outras, no Diario Oficial de Galicia.

Polo de agora a hostalaría continuará pechada, pero si reabrirán as instalacións hostaleiras en áreas de servizo para transportistas.

Tamén se permitirá a actividade cultural en bibliotecas, museos, salas de exposicións, cines e teatros ao 30 % de aforo máximo.

Apertura da hostalaría

Ante a actual situación epidemiolóxica, o presidente da Xunta pide “paciencia” e sinala que o vindeiro luns día 22 de febreiro o Comité Clínico volverá avaliar as actuais restricións. A intención é establecer unha estratexia de apertura de maneira conxunta co sector hostaleiro nun horizonte seguro cando os datos así o avalen.

Ademais coa máxima seguridade coa colaboración das forzas de seguridade, garantindo a distancia de 1,5 metros de distancia, os aforos máximos e a participación dos alcaldes nas tarefas de inspección. Todo acompañado dun sistema de rastrexo específico para o sector hostaleiro.

Ademais previsión do comité sería que, en paralelo á reapertura da hostalaría, poderían levantarse varias das restricións, como a das reunións de non conviventes.

Artigos relacionados

Back to top button