Eleccións Xerais 2023PolíticaÚltima hora

O comité provincial do PSdeG-PSOE aproba os candidatos ao 23X, que agora deberá ratificar o comité federal

 

O comité provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, o máximo órgano dos socialistas ourensáns entre congresos, vén de aprobar por unanimidade as propostas de candidaturas para os procesos electorais que se celebrarán o vindeiro 23 de xullo. Así pois, nunha xuntanza extraordinaria celebrada na tarde de hoxe en Coles, o comité acordou a aprobación unánime da proposta de candidaturas presentada pola executiva provincial para o Congreso dos Deputados e o Senado, pendentes de ratificación polo comité federal, respectando as propostas recibidas das diferentes asembleas municipais de toda a provincia.

A partir de agora, corresponde ás estruturas superiores do partido concretar e aprobar as candidaturas definitivas, mediante un proceso que, para as eleccións xerais do 23 de xullo, concluirá o vindeiro domingo día 10 de xuño, no comité federal do que sairán as candidaturas do PSOE para toda España. A confección destas candidaturas está regulada nos estatutos mediante un proceso no que cada órgano desenvolve un papel diferente antes de que o comité federal escolla as definitivas.

Estas son propostas de candidaturas ás Cortes Xerais aprobadas polo comité provincial hoxe, ordenadas segundo o número de propostas recibidas das diferentes asembleas municipais de toda a provincia:

 

O partido socialista ourensán destaca que o proceso “está a desenvolverse con absoluta normalidade e conforme ás normas que marcan os estatutos do PSOE, que conceden ás asembleas municipais e ás agrupacións provinciais a capacidade de facer propostas sen carácter vinculante”, co fin de acadar “candidaturas sólidas, fortes e gañadoras que conten co máximo apoio da militancia e de toda a cidadanía”.

Así mesmo indica que “as próximas candidaturas socialistas de Ourense permitirán, sen dúbida, gañar as eleccións xerais de xullo, para que Pedro Sánchez siga sendo o presidente do Goberno, reforzando á nosa provincia nas Cortes Xerais de España, e tamén servirán para impulsar a presenza do PSOE en todas as corporacións locais, presentando ós mellores candidatos e candidatas”.

Artigos relacionados

Back to top button