SanidadeÚltima hora

O concello de Beade manterase en nivel máximo de restricións

O subcomité clínico, logo da xuntanza desta mañá, establece o nivel alto para os municipios de Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Baiona, Sanxenxo , Pazos de Borbén e Padrenda

Imaxe dunha reunión do Comité Clínico.

 

A Xunta de Galicia manterá o nivel máximo de restricións no concello de Beade, logo de escoitar as recomendacións do subcomité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia e que se reuniu esta mañá.

Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos, concretamente en Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Baiona, Sanxenxo, Pazos de Borbén e Padrenda.

Quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Camariñas Cangas, O Carballiño, Carral, Celanova, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Laxe, Neda, Pantón, Ribadavia, Sober e Xinzo de Limia.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 29 de marzo.

Artigos relacionados

Back to top button