ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil presenta o seu completo programa de Nadal

 

Os pais e nais de Parada de Sil que teñan que traballar poderán conciliar perfectamente este Nadal xa que poderán deixar os seu fillos e fillas de 0 a 16 anos no centro de lecer de nenos de Parada de Sil dentro do programa Concilia Nadal, en colaboración coa ONG Valores, segundo informa o alcalde, Aquilino Domínguez.

Dende o día 26 de decembro ata o 5 de xaneiro e dende as dez da mañá ás 14h. os nenos e nenas poderán disfrutar de talleres de debuxos e cartas para os Reis Magos, confección de galletas, aprendizaxe de inglés e outras manualidades. “Tamén se algunha familia necesita deixar os nenos no centro ata as seis da tarde poderá facelo sen ningún tipo de problema”, indica o rexedor.

Para ambientar a veciñanza e aos visitantes xa que Parada de Sil agarda colocar o cartel de completo nesta ponte, o alcalde inauguraba as luces de Nadal colocadas no núcleo de Parada de Sil e nas aldeas das estradas da Deputación de Ourense que dan acceso ao concello.

 

 

 

Tamén como vén sendo habitual por estas datas o Belén do señor José, que ocupa toda a capela de San Ramón, poderá ser visitado pedindo a chave no supermercado Pepe enfrente do Belén.
O día 24 de decembro ás cinco e media Papá Noel visitará aos nenos de Parada de Sil, onde poderán entregarlle cartas.

A ANPA os Noviños de Parada de Sil preparará o salon de plenos do Concello así como unha carroza para que Papá Noel poda chegar sen problema e contento. Tamén repartirá doces á cativada e logo convidaráos a unha merenda.

Os nenos poderán ir a Pazolandia como todos os anos e o día 30 a partir das 12 a Coral Aqua Música, á que o alcalde lle agradece a actuación, irá percorrendo os bares e cantando villancicos para rematar ás 4 da tarde no Xeriátrico Luces do Sil cunha actuación para as persoas usuarias do centro. As actividades rematarán o día cinco coa tradicional visita dos Reis Magos da que se informará puntualmente.

 

Artigos relacionados

Back to top button