ConcellosPetínÚltima hora

O Concello de Petín acollerá o 31 de xaneiro unha xornada informativa sobre administracións públicas

Exterior do Concello de Petín.

 

O vindeiro martes 31 de xaneiro, a partir das 12:30 horas, terá lugar na Casa do Concello de Petín unha xornada informativa titulada “A Administración preto de ti”.

Alí poderase obter “in situ” o certificado dixital e a clave permanente para a realización de trámites perante as administracións públicas. Para iso é necesario acudir co DNI en vigor.

A inscrición para asistir poden facerse nas oficinas do Concello de 9 a 14 horas ou chamando ao 988 310 223.

 

Artigos relacionados

Back to top button