CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Quiroga e a CHMS unen esforzos para pór en valor o túnel romano de Montefurado

Preténdese instalar diferentes recursos interpretativos, ademais de mellorar o recorrido polo meandro seco do Sil

 

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e o primeiro tenente de alcalde, Vicente Parra Vizcaíno, reuníronse con José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para falar da posta en valor desta explotación aurífera de época romana. De feito, o encontro tiña lugar nas inmediacións do túnel.

As áreas de Cultura e Turismo que levan respectivamente José Luis Rivera e Vicente Parra, teñen proxectado buscar un novo enclave, con fácil acceso, dende o que se poda ver a boca de entrada do túnel romano, por iso na xuntanza falouse das accións necesarias para acondicionar, divulgar e valorizar o túnel e o meandro seco do Sil en Montefurado.

O obxectivo é acondicionar para uso público e poñer en valor a explotación aurífera romana na que se atopa o túnel de Montefurado, a través da instalación de diferentes recursos interpretativos, ademais de mellorar o recorrido polo meandro seco do Sil.

No encontro acordouse a redacción dun convenio entre ambas administracións que posibilite as actuacións, no que se establecerán as condicións de colaboración para o financiamento e a execución das obras e o réxime de entrega das mesmas para o seu mantemento e conservación pola Administración Local.

Artigos relacionados

Back to top button