
Buscando apostar pola formación e polo coñecemento dende o Concello de Trives vén de asinar un convenio coa Universidade de Vigo. “Trátase dun convenio de cooperación educativa que regula un programa de prácticas académicas externas entre a Universidade de Vigo e o Concello da Pobra de Trives”, explica a alcaldesa de Trives, Patricia Barja.
Con este acordo preténdese facilitar a preparación para o exercício profesional do estudantado en áreas relacionadas coa súa formación universitaria e nas saídas profesionais dende os seus estudos cursados. “Así promóvese conxuntamente o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral das persoas tituladas universitarias dende un entorno privilexiado como é nun entorno natural é de singular beleza como é o Concello de Trives”, asegura a súa rexedora.
Froito da sinatura deste convenio, en vindeiras datas comenza a primeira titulada a facer prácticas
no Concello trivés.