ConcellosÚltima horaVerín

O Concello de Trives comeza as obras de mellora da estrada Navea-Montefurado

 

Veñen de dar comezo os traballos do proxecto de adecuación da estrada a Navea-Montefurado, por parte do Concello da Pobra de Trives. “Cun investimento de 60.664,56€, dos que o Concello asume 10.528,56€ e o resto é financiado pola Xunta; comenzaban hoxe as obras de acondicionamiento de esta vía. Unhas obras que terán continuidade no tempo xa que se prevé rematar o tramo completo en distintas anualidades debido ao excesivo custo que suporía en unha soa vez pois sería inasumible”, tal e como informa o grupo de goberno municipal de Trives.

Para o financiamento por parte da Xunta, o Concello de Trives “preparou durante meses as memorias, documentación e proxectos precisos solicitando unha subvención. Un esforzo de moitos meses que ve agora o seu froito e que ademais repercute de xeito positivo tamén na economía da vila porque, tras o concurso público ao que se someteu a contratación, resultou adxudicataria unha empresa de Trives”, asegura o grupo de goberno local trivés.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button