ConcellosÚltima horaVerín

O Concello de Verín abre o prazo para anotarse no campamento do albergue de Vilariño de Conso

A preinscrición poderá solicitarse a partir de mañá, 28 de xullo, e o campamento terá lugar entre o 20 e 26 de agosto

Área recreativa do Cenza, moi preto do albergue de Vilariño de Conso.

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín abre mañá, martes 28 de xullo, o prazo de preinscrición para un campamento infantil no albergue de Vilariño de Conso. As cuotas serán de 150€ para os menores empadroados en Verín e de 170€ para os veciños doutros concellos. No caso de cubrirse as 32 prazas correspondentes, abrirase posteriormente o prazo de inscrición.

O campamento terá lugar entre os días 20 e 26 de agosto e está dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos. O obxectivo desta actividade é fomentar o respecto pola natureza, o medio ambiente e a reciclaxe entre os máis novos. Realizaránse actividades lúdicas e educativas como unha ruta en canoa, tiro con arco, rappel, un circuíto de orientación, senderismo, xogos deportivos e actividades de animación, entre outras.

Os inscritos obterán manutención en réxime de pensión completa, os materiais necesarios para realizar as actividades, equipo técnico persoal especializado en animación sociocultural, seguro de responsabilidade civil e accidentes e atención sanitaria ademáis de desfrutar de todas as actividades recreativas que se realizarán no campamento.

Artigos relacionados

Back to top button