OurenseÚltima hora

O Concello deseña un programa para fomentar a boa alimentación entre xeracións

“Alimenta a saúde”, do 18 ao 22 de outubro, potenciará ademais os produtos frescos e estacionais do comercio local
A actividade é de balde.
A actividade é de balde.

A Concellería de Sanidade de Ourense vén de presentar un programa que buscará fomentar a boa alimentación entre distintas xeracións. A través de “Alimenta a saúde”, o departamento que encabeza a edil Sofía Godoy centrarase en xuntar alimentación saudable con exercicio físico unido ao foment ode relacións entre persoas maiores e mozas. “A alimentación e o exercicio son os hábitos que máis inflúen na saúde das persoas”, dicía Godoy durante a presentación. “Son procesos voluntarios e conscientes e, polo tanto, educables cara a hábitos máis sans”.

O programa quere lograr unha convivencia interxeraciónal na que mozos e maiores compartan valores e experiencias. “É importante coñecer a temporalidade dos produtos para sacarlles o máximo beneficio e, polo tanto, deberá ser tamén de proximidade, que poderemos atopalos no comercio local”, afirmaba a técnica de Sanidade, Luísa Rodríguez.

Serán cinco sesións de tres horas, incluíndo sempre un sábado para visita e paseo, e levarase a cabo en cada estación: outubro, xaneiro, abril e xuño. Para a programación deste outono, as clases levaranse a cabo do 18 ao 22 de outubro. Durante estes días haberá visita e compra de alimentos no mercado municipal, elaboración de receitas saudables e degustación ao remate da sesión. As clases celebraranse na Aula Municipal de Cociña.

Para participar, os interesados deben anotarse nas concellerías de Sanidade e Xuventude. A actividade é de balde.

Artigos relacionados

Back to top button