Neste mércores 21 de xuño, celébrase o Día Mundial da loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), unha efeméride impulsada por asociacións de pacientes de todo o mundo para concienciar sobre esta enfermidade, unir forzas e esixir máis investigación, que é un dos piares fundamentais para conseguir aumentar a esperanza de vida dos pacientes con ELA.
Desde 2019 organizacións de pacientes están a promover a campaña “Luz pola ELA” que consiste nunha serie de accións para visibilizar a enfermidade, entre elas a de iluminar en verde, cor que simboliza a ELA, os monumentos máis emblemáticos de diferentes cidades de España. No caso do Concello do Barco, esta noite, de 22 a 24 horas, iluminarase o edificio da Casa Consistorial (Concello Vello).