ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

O condutor dun tractor resulta ferido nun accidente en Vilariño de Conso

 

 

Arredor das cinco da tarde deste 9 de setembro producíase un accidente con maquinaria no municipio de Vilariño de Conso. O condutor dun tractor de obra resultaba ferido despois de envorcar na estrada que une os concellos de Vilariño e Trives, no lugar de San Cristovo.

Segundo informa o 112 Galicia, “un equipo médico desprazouse ata o lugar do sinistro a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladar o ferido ao Centro Hospitalario Universitario de Ourense”.

Ademais dos profesionais sanitarios, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos membros do GES da Gudiña, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil da vila.

Artigos relacionados

Back to top button