CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Coro Santa Rita do Barco actúa por terceira vez na Catedral de Lugo

 

Ás 13h. deste domingo o Coro Santa Rita do Barco cantaba na Catedral de Lugo. Interpretaba un total de dez pezas durante misa. Esta é xa a terceira ocasión que esta formación musical, que dirixe Silvina Bravo, actúa na catedral lucense.

Tamén ten actuado na Catedral de Santiago e en igrexas doutras zonas como A Coruña, Ponferrada ou Vouzela. Ademais cantou en dúas ocasións na misa que retransmite cada domingo pola mañá a TVG.

Fotos cedidas polo Coro Santa Rita.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button