O Coro de Santa Rita do Barco volverá levar a súa música fóra da comarca de Valdeorras. Así o vindeiro domingo 30 de abril ás 12h. cantarán a Misa Maior no Santuario dos Milagros (Baños de Molgas). Ademais esta agrupación coral, que dirixe Silvina Bravo, estreará tres novas pezas no seu repertorio “Venid juntos a la asamblea” na entrada da eucaristía, “Ten piedad” e “Aleluya”.
Esta é a segunda ocasión na que o Coro de Santa Rita actúa no Santuario dos Milagres. Esta formación ten cantado xa na Catedral de Santiago e en igrexas doutras zonas como A Coruña, Ponferrada ou Vouzela.
En maio ten prevista unha nova actuación, desta volta nunha das parroquias de Valdeorras.