EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

O documental “As Covas de Valdeorras” proxectarase na Rúa, Seadur e Vilamartín

Interior dunha das covas de Valdeorras.

 

O documental “As Covas de Valdeorras”, promovido dende a Ruta do Viño de Valdeorras e que se estreaba a primeiros de xuño na Rúa, proxectarase en varios puntos da comarca os vindeiros días. Así este traballo audiovisual, de 30 minutos de duración, poderá verse no Bar Retorno na Rúa o xoves 21 as 21 horas na nova zona de cata, a entrada é libre e posteriormente seguiralle unha cata cun custo de 25€.

O venres 21 estreárase en Seadur (Larouco), ás 20:30 horas no exterior da Cova da Xabreira, a entrada é libre ata completar aforo, para este pase contan coa colaboración do Concello de Larouco. A finais do mes de xullo, concretamente o venres 28 será en Vilamartín, as 22:30 horas na zona do Bañadoiro.

O proxecto é unha iniciativa da Ruta do Viño de Valdeorras co apoio da Deputación de Ourense e foi realizado por Cristina de la Torre.

Hoxe tamen se presentou o spot das covas que se pode ver nas redes sociales da Asociación Ruta do Viño ou a través da seguinte canle.

 

Artigos relacionados

Back to top button