ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Entrudio de Viana do Bolo dase a coñecer en Sardeña (Italia)

 

No marco da celebración do 20 aniversario do Museo delle Maschere Mediterranee (MaMu – Museo delle Maschere, Museo della Cultura e del Lavoro, MATer) estase a desenvolver nesta fin de semana en Mamoiada (Sardeña, Italia) un amplo programa da actos que inclúen a participación de mascaradas procedentes tanto de Italia como doutras partes de Europa.

A única representación da Península Ibérica neste encontro é o Entrudio de Viana do Bolo, representado polo Fulión e polos Boteiros. Na pasada tarde, dentro dunha actividades, presentábanse as figuras de tres máscaras convidadas: os Thurpos (de Orotelli-Sardeña), os Boteiros e os Rollate de Sappada (Friuli-Venezia Giulia, Italia). A presentación da máscara vianesa corría a cargo do investigador Pedro Basalo.

 

 

Ademais para esta tarde está previsto un desfile no que tomarán parte celebracións procedentes de Italia, de Croacia e de Romanía.

Fotos cedidas e da autoría de Luciano Solero.

 

Artigos relacionados

Back to top button