ConcellosÚltima horaVerín

O FIC Vía XIV 2023 programará pezas audiovisuais e actividades que porán o foco no cambio climático

A VIII edición do festival desenvolverase en Verín entre o 8 e o 17 de setembro

 

A VIII edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, xa ten datas. Desenvolverase na vila do Támega entre o 8 e o 17 de setembro. Este ano, como principal novidade, a organización decidiu poñer o foco dunha das categorías oficiais do certame -a denominada Horizontes- en programar curtas que teñan como obxectivo chamar a atención sobre a sostibilidade e a urxencia de tomar medidas que axuden a paliar o cambio climático, ademais de manter a recepción de curtas baixo a premisa habitual desta categoría. Ao respecto desta cuestión, tamén se promoverán accións paralelas específicas dentro da axenda do FIC 2023.

Segundo se sinala nas bases do FIC Vía XIV 2023, “recentes estudos alertan de que, na actualidade, xa se sobrepasou o limite planetario de contaminación ambiental e sobreexplotación de recursos naturais, provocando danos que poden ser irreversibles nos seres vivos e nos ecosistemas do noso planeta”. Polo tanto, o FIC dá un pequeno xiro para se centrar nos horizontes invisibles máis relevantes aos que debe facer fronte o ser o humano e a cuestión da crise climática e a aposta pola sostibilidade constitúen, neste sentido, dúas premisas fundamentais.

As bases da nova edición do certame xa poden consultarse na web ficviaxiv.com

Artigos relacionados

Back to top button