DeportesPiraguismoÚltima hora

O Fluvial Barco, entre os clubs participates no galego de novas promesas

Nesta competición, celebrada o 3 de abril en Muíños, tamén competían outros tres clubs da provincia

 

O encoro das Conchas na área turística–deportiva do Corgo (Muíños) acollía o 3 de abril o campionato galego de piragüismo “novas promesas”, para as categorías infantil e cadete. Desenvolvíase baixo unhas estritas medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias, gardando en todo momento as recomendacións gobernamentais e o protocolo federativo, e cunha participación de 626 deportistas (408 nenos e 218 nenas) de 39 clubs galegos.

Entre os clubs participantes estaban o Fluvial Barco, o Fluvial Allariz, o Fluvial Avión-Castrelo de Miño e a Escola Ourensá Municipal de Piragüismo. A competición facíase en piraguas individuais sobre un percorrido en circuíto de 3.000 m os infantís, durante a xornada de mañá e de 5.000 m os cadetes durante a tarde, a fin de evitar calquera tipo de aglomeración de deportistas, nunha xornada onde brillo o sol e acompañou a climatoloxía.

Na clasificación xeral por equipos, destacaba en infantís Fluvial Allariz posto 12 e Fluvial Barco no posto 16, mentres que en cadetes Fluvial Avión-Castrelo de Miño posto 26 e a Escola Ourensá Municipal de piragüismo no posto 27.

 

 

Resultados individuais dos clubs da provincia de Ourense:

MULLER INFANTIL-B
14. Carlota Díaz – Fluvial Barco
40. Xiana Rodríguez – Fluvial Allariz
HOME INFANTIL-B
10. Lucas Chao – Escuela orensana municipal de piragüismo.
26. Viktor Lemos – Fluvial Allariz
MULLER INFANTIL-A
24. Lidia Fernández – Fluvial Barco
26. Candela Fernández – Fluvial Barco
HOME INFANTIL-A
24. Daniel Núñez – Fluvial Barco
43- Jorge Corvillón – Fluvial Allariz
MULLER CADETE-B
23. Xiana Vázquez – Escola Orensá Municipal de Piragüismo.
27. Paula Paradelo – Fluvial Barco
HOME CADETE-B
16. Miguel Fernández – Escola Ourensá Municipal de Piragüismo
61. Iker Fernández – Fluvial Avión-Castrelo de Miño
MULLER CADETE-A
22. Iria Ramos – Fluvial Avión-Castrelo de Miño
HOME CADETE-A
41. Nicolás Díaz – Fluvial Barco

Fotos: Delegación Ourensá da Federación Galega de Piragüismo.

Artigos relacionados

Back to top button