A Real Federación Española de Piragüismo vén de publicar os resultados da 3ª Copa España de Descenso de augas bravas nas modalidades clásica e sprint, que se desenvolvía nesta fin de semana no río Sil ao seu paso polo Barco.
Nesta competición o club local, que ademais forma parte da organización deste evento, lograba un segundo posto ao sumar un total de 1.477 puntos. O vencedor desta cita, na que tomaban parte 16 clubs, foi outro equipo galego, o Club de Montaña e Piragüismo Quixós de Monforte de Lemos, que colleitaba un total de 1.744 puntos. O terceiro posto do podio por equipos correspondíalle ao Sícoris Club, con 1.455 puntos.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Galería de fotos da segunda xornada desta competición nacional de augas bravas no Barco
Segunda xornada de competición nacional de augas bravas no Barco