ConcellosManzanedaÚltima hora

O I Magosto Interparroquial de Manzaneda reúne a unhas 200 persoas

 

As castañas convertíanse tamén en protagonistas nesta tarde no I Magosto Interparroquial de Manzaneda, que se desenvolvía a partir das seis da tarde no pavillón polideportivo. Esta iniciativa reunía a unhas 200 persoas de todas as idades, das parroquias que leva o Padre Carlos e que van desde Mormentelos (Vilariño de Conso) ata Trives pasando por Raigada, Borruga, Langullo, Manzaneda, San Martin e Sobrado.

 

 

Os asistentes ao magosto degustaban un menú de chourizos, panceta, bica e castañas; acompañado de viño, refrescos, café e licores como bebidas. Ademais, había colchonetas para os nenos, e música e o programa tamén incluía baile a cargo do Dj Cabra.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button