Castrelo de Miño acollía onte, 4 de febreiro, o Campionato autonómico de inverno de embarcacións K4 e C4 que dá inicio á liga galega de augas tranquilas 2023 para as categorías de novas promesas, xuvenil, sénior e máster. Esta liga está composta por cinco competicións e finalizará no mes de xuño coa disputa do campionato galego individual.
Esta primeira cita deixaba un título galego sénior para Valdeorras da man do padexeiro Adrián Prada Pérez, do Club Piragüismo Verducido-Pontillón. Nesta categoría raíña tomaban a saída 22 barcos K4, un dos cales era o formado por Joaquín Iglesias, Anxo García, Alejandro Prego e o barquense Adrián Prada. A súa embarcación era a primeira en cruzar a liña de meta, seguida por unha do Kayak Tudense e, en terceiro lugar, entraba unha piragua do Club As Torres Romería Vikinga.
Fotos: loispradaf