
Os veciños de varias aldeas do municipio de Vilariño de Conso pasaban unha nova noite en vela a causa do lume forestal, como sucedía no caso de Castiñeira. Continúa activo, desde as 02:22 horas do domingo, o incendio iniciado en Sabuguido, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 2.000 hectáreas.
Para o seu control lévanse mobilizado 9 axentes, 18 brigadas, 10 motobombas, 4 pas, 10 helicópteros e 9 avións, segundo a Consellería do Medio Rural.
Vídeo cedido.