ConcellosÚltima hora

O Mago Teto actuará na Noite Meiga de Ribadavia

Da man da Asociación Ribadavia Activa-T, o programa desenvolverase na tarde e noite do 31 de outubro
Cartaz da Noite Meiga 2015 en Ribadavia.
Cartaz da Noite Meiga 2015 en Ribadavia.

Un ano máis e xa van quince, Ribadavia prepárase para celebrar unha das noites máis máxicas e terroríficas do ano, da man da Asociación Ribadavia Activa-T. A Noite Meiga 2015 inclúe un compendio de actividades que se desenvolerán entre as cinco da tarde e a madrugada do 31 de outubro.

O programa arrancará coa apertura do Mercadiño Meigo de Artesanía na entrada da praza Maior, o Baile de Feiticeiros para nenos e o Photocall Meigo no Club Artístico. En torno ás sete da tarde comezará o desfile infantil animado polos Tabaleiros da Istoria que de seguido actuarán na praza Maior. Na mesma praza actuará o grupo de percusión Xituma Batuque, levando o seu son por outras zonas do pobo.

Ata aquí, chegará a prograamción para tódolos públicos posto que a partires das dez da noite comezará o apartado para maiores de 12 anos: Pasaxe do Terror no Castelo a cargo de Cometa Espectáculos e voluntarios; Bebedizos Mortais con Cadeliños Quentes nos soportais da praza Maior; performance de lume e pirotecnia “Habelas Hailas” a cargo da empresa de animación Kepler; nova actuación de Xituma Batuque; e Aquelarre das Meigas.

A partires das 23:15h. tocaralle o turno ao Mago Teto que acturará na Madalena presentado polo seu colega o Mago Deimi, seguido de espectáculos e conxuros da queimada e aquelarres. A noite rematará co concerto de “Los Chavales” no Club Artístico.

A Noite Meiga de Ribadavia completarase con exposicións e os concursos de ambientación local de hostalaría e selfie meigo co que se valorará a “imaxe máis terrorífica”.

Artigos relacionados

Back to top button