DeportesÚltima hora

O marchador barquense José Fernández, 2º na Liga Nacional de Clubs de 1ª División

O marchador José Fernández Nieves noutra competición desta tempada./ Foto: A.R.

 

Cunha segunda posición finalizaba o barquense José Fernández Nieves na proba dos 5 km marcha da II Xornada do Campionato de España de Clubs de Primeira División, no que representaba ao Real Club Celta de Vigo.

O marchador competía este domingo 16 de maio en Valladolid, onde completaba a súa proba cun tempo de 22:44.05, tan só superado por Marcos Pérez Martínez (Hinaco Monzon), cun rexistro de 22:36.24.

Deste xeito, o barquense repite o resultado da primeira xornada, disputaba o 24 de abril en Salamanca, onde tamén se situaba segundo, se ben neste domingo melloraba o rexistro de 23:18.73 logrado daquela en terras charras.

Artigos relacionados

Back to top button