EconomíaEconomíaÚltima hora

O Mercadiño de Nadal do Barco pecha as súas portas

 

Logo de dúas intensas xornadas, esta tarde concluía a 12ª edición do Mercadiño de Nadal do Barco, que se instalaba na praza do Concello nesta fin de semana de 17 e 18 de decembro. No seu recinto podíann visitarse 21 postos de artesanía de coiro, vidro, xoiería, madeira, téxtil e tamén de produtos agroalimentarios como doces, licores, queixos, pan, mel, etc.

 

 

Ademais coas compras, os clientes participaban, durante os dous días, en sorteos de vales de compra en establecementos do CCA. O programa incluía tamén actividades como un obradoiro de “pimentón”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button