ConcellosO BarcoÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés cantará na misa de bendición do retablo procedente da igrexa de Cedie, en Veigamuíños (O Barco)

O Orfeón Valdeorrés nunha actuación recente./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Este domingo ás 11h. terá lugar a bendición do retablo e imaxes da igrexa de Vegamuíños (O Barco), segundo vén de anunciar o seu párroco Jesús Álvarez. O retablo, recentemente restaurado, procede da antiga Capela de Cedie e conta coas imaxes San Antonio de Padua, Sagrado Corazón de Xesús e a Virxe.

Acompañando esta celebracións estará o Orfeón Valdeorrés, que dirixe José Ramón Mansilla, quen cantará na misa.

 

Retablo restaurado./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button