A RúaConcellosÚltima hora

O persoal do obradoiro LABORU pon a punto a oficina de turismo comarcal da Rúa

A Deputación de Ourense aprobou unha subvención de 20.000 euros para este servicio

 

Case vinte anos despois da súa construción, sen uso salvo de forma moi puntual, a oficina de turismo da Rúa volve cobrar vida. Apenas unha semana despois de que a Deputación de Ourense aprobara unha achega de 20.000 euros a favor do Concello da Rúa para a súa posta en marcha, comezaban as obras de posta a punto deste edificio situado na rúa Campogrande.

Os labores de mellora, corren a cargo do persoal do obradoiro LABORU que dende este mércores se afanan por adecentar o local e o entorno deste servizo que colle agora unha nova dimensión para a inminente apertura como oficina de turismo comarcal, xa que segundo o alcalde, Álvaro Fernández, “ten vocación de dar servicio al resto de Valdeorras”.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button