CulturaCulturaÚltima hora

O petinés Domingo Díaz presenta o seu documental “O desafío do Sil” no Festival Cineuropa

Este filme poderá verse en Santiago de Compostela o 16 de novembro e, xa o día 5 de decembro, estrearase en Valdeorras
Cartel do documental.

 

Dende neno, Domingo Díaz Docampo convivíu cos encoros. En Petín, a súa localidade natal, Saltos do Sil construía un poboado e tamén o colexio onde el mesmo estudou. Tamén algúns dos seus profesores traballaban nesa empresa. “Da historia do Sil atraénme moitas cousas: a audacia duns empresarios que souberon adiantarse a súa época e ver as posibilidades de negocio, a xenialidade duns novos enxeñeiros, con apenas experiencia que construíron obras pioneiras en Europa; e a capacidade de esforzo e entendemento de todos os directivos e empregados para salvar calquera obstáculo. E, sobre todo, o cambio social e económico que significou a presenza das obras en núcleos, ata entón, exclusivamente rurais”.

E dese interese nace “O desafío do Sil” (2018) (con guión, dirección e produción de Domingo Díaz), que se presentará o venres 16 de novembro en Santiago de Compostela, no marco do Festival Cineuropa. A proxección será ás 21:30 h no Museo das Peregrinacións. A estrea en Valdeorras será o día 5 de decembro.

Este documental, cunha duración de 65 minutos, está rodado en localizacións da Rúa, O Bolo, Vilariño de Conso, Nogueira de Ramuín, Os Peares… Así como noutras zonas fóra da provincia de Ourense como Quiroga e Ribas de Sil (Lugo) e as comarcas leoneas de Babia, Laciana e O Bierzo.

Artigos relacionados

Back to top button